Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE E A FECA ASINAN UN CONVENIO PARA A PROMOCION DO SALNES NO EXTERIOR
A Mancomunidade do Salnés conta dende agora cun novo apoio na sua labor de promoción internacional da comarca. A entidade comarcal asinou esta mañá un convenio de colaboración coa FECA, Federación de Empresarios de Arousa, para aunar esforzos co obxectivo de continuar promovendo e difundindo a oferta turística de O Salnés. Tal como se establece no convenio, a partir de agora as dúas entidades poderán acudir xuntas a congresos, ferias e distintos tipos de actos e intercambiar deste xeito opinións e intereses. Paralelamente, a promoción exterior da comarca empeza a xerar interese noutros países…
Read the full description
como é o caso de Alemaña, Rusia e México, que tras visualizar o video que a Mancomunidade elaborou sobre O Salnés, mostránse sorprendidos pola paisaxe e a oferta turística, polo que xa hai datos que rexistran que cada dúas semanas veñen a visitar a comarca grupos de turistas rusos. Ademáis, para este sábado esta previsto que un grupo de 20 turoperados rusos estén de visita pola comarca e terán unha cea coa Mancomunidade para seguir elaborando un plan para que cada día veñan maís turistas. O seguinte paso da entidade comarcal será unha nova viaxe programada para este martes, á cidade alemana de Kiel, co fin de seguir unindo lazos. De todo elo daban os detalles o Presidente da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Durán, e o Presidente da FECA, Jose Luis Vilanova, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA...
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.