skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MEIS SUSPENDE A FESTA DOS CALLOS PERO PROGRAMA ACTIVIDADES ALTERNATIVAS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Meis suspende a XXX edición da Festa dos Callos e e as Festas de San Bieito pero xa ten elaborado un programa de actividades alternativas tanto na parte gastronómica como no ámbito cultural. De tal xeito que, para que veciños e visitantes non queden sen a posibilidade de degustar os callos o goberno local está coordinando a iniciativa a través da hostelería local. O Concello mantén conversas cos hosteleiros para que os que queiran sumarse de forma voluntaria poidan elaborar as súas recetas durante dúas fins de semana. Ademáis, durante os…

Read the full description

meses de xullo e agosto desenvolveranse actividades culturais todas as fins de semana en todas as parroquias do municipio coa participación de colectivos locais, sempre adaptadas ás limitacións de aforo e normativas sanitarias. Segundo explicaba esta mañá a alcaldesa Marta Giráldez, as actividades empezarán coincidindo coa celebración de San Bieito, o 9 de xullo con cine na rúa. O venres 10 terá lugar un espectáculo infantil e un pequeno concerto, o sábado 11 haberá amenización polas rúas e un concerto dun dúo local e domingo 12 celebrarase un festival floclórico con Madialeva e os Druidas. Asimesmo, mantense o Festival de Jazz de A Armenteira, que terá lugar o 18 e o 19 de xullo, e incorpórase como novidade a Festa da Xuventude o 24 de xullo amenizada por djs. Ademáis, outra das actividades destacadas será unha sesión de Autocine que se celebrará o 5 de setembro na explanada de San Vicente. Os eventos que si se cancelan ata o ano que ven son a Feira Labrega e a Feira Cabalar.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.