Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

REMATADOS OS TRABALLOS DE REXENERACION DA PRAIA DO PREGUNTOIRO
Os traballos de rexeneración da Praia do Preguntoiro danse hoxe por rematados ainda que queda pendente a solución de tres canalizacións de pluviais que desembocan no areal. Será esta unha das peticións que o alcalde Alberto Varela trasladará a Costas do Estado na reunión que mañá manterá en Madrid co subdirector xeral do departamento estatal. O rexedor tamén plantexará ante Costas a necesidade de rehabilitar o Paseo Marítimo, incluíndo a creación dun carril bici, que se pretende posteriormente ampliar unindo Carril e Vilaxoán. Ademáis, será igualmente tema de análise a retirada do edificio do…
Read the full description
Centro de Interpretación da Ría, o CIRA, cuxos traballos de demolición comezarán a principios de decembro. En todo caso, o máis urxente, para Alberto Varela, é a reconducción das canalizacións de pluviais na praia do Preguntoiro. Así o explicaba o alcalde de Vilagarcía esta mañá a pe do areal durante a supervisión dos traballos de rexeneración da praia.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.