Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

NOVA IMAXE DA RUA SAGASTA DE CUNTIS CON BEIRARRUAS MAIS AMPLAS E PAVIMENTO RENOVADO
A rúa Bernardo Sagasta de Cuntis ten nova imaxe que mellora a seguridade viaria dunha zona integrada no núcleo histórico de Cuntis. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou esta mañá as obras de urbanización realizadas a través dun investimento de case 400,000 euros da Xunta de Galicia, acompañada polo alcalde Antonio Pena, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e mais o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. A actuación persigue que resulte unha rúa cómoda, segura e mellor integrada dende o punto…
Read the full description
de vista ambiental no núcleo histórico de Cuntis. Trátase da mellora dun tramo da estrada PO-220 (Pino - Cuntis), que, ademáis, pretende potenciar o desenvolvemento turístico da vila termal. As obras realizadas deixan beirarrúas máis anchas, banda de aparcamento, renovación do firme e melloras no saneamento, ademáis de establecer un sentido único de circulación de entrada cara o núcleo histórico. Ethel Vázquez anunciou tamén unha nova actuación para mellorar o saneamento de Cuntis cun importe de 1,4 millóns nunha actuación contemplada no Plan Umia. Así o decían a conselleira e o alcalde durante a visita a zona, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.