skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O OBRADOIRO CAMBADOS TURISMO SOSTIBLE II REMATA CON MELLORAS ESTÉTICAS NO CONCELLO E CON NOVOS EMPRENDEDORES.

Durante os últimos 6 meses, os 20 alumnos - operarios do obradoiro de emprego Cambados Turismo Sostible II, todos eles desempregados de longa duración, formáronse en traballos de canteiría e xardinería forestal e encargáronse de restaurar elementos do patrimonio cambadés mellorando así a estetica da cidade e a oferta turística do municipio. Entre os traballos desenvoltos polos 20 alumnos, baixo a dirección de Enrique Ferreiro, destacan a restauración e acondicionamento da fonte lavadoiro do Pardiño, en Vilariño, a mellora da senda fluvial do río Umia, cun novo trazado en Covas de Lobos, así…

Read the full description

como a dotación de mobiliario novo, xardineiras, bancos e prantas ornamentais na rúa Hospital, e o acondicionamento e novos deseños dos xardíns do Parque Torrado, a Casa dos Fraga e o Paseo da Calzada. Ademáis, tamén se instalaron varios elementos escultóricos, elaborados polos alumnos do módulo de canteiría, no entorno do Salón Jose Peña e na rotonda das Cabanas. Durante os 6 meses de obradoiro tamén se levaron a cabo cursos de iniciación á informática, prevención e seguridade laboral, así como orientación laboral e xestión de empresas. Toda esta iniciativa de formación laboral tivo un investimento por parte das administracións de preto dos 200.000 euros. Durante o acto de clausura que se celebrou esta maña no salón de plenos do concello, o alcalde Luis Aragunde adiantou que xa pediron á consellería de traballo dous novos obradoiros para este ano, un de xardineria e outro de canteiría e madeira que esta previsto que se aproben nos vindeiros meses. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollíamos ás palabras no acto de clausura do alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e do director do obradoiro, Enrique Ferreiro.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.