skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A FGCN RECADOU 150.000 EUROS NA VENDA DE BENS INCAUTADOS AO NARCOTRAFICO

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Fundación Galega Contra o Narcotráfico e a Xunta de Galicia renovaron esta mañá o convenio de colaboración para o funcionamento do Servizo de Xestión de Bens Incautados ao Narcotráfico. O acordo, por importe de 15.000 euros, permitirá manter a disposición dos xulgados un servizo especializado na xestión, depósito e venda anticipada dos bens decomisados. Son, principalmente, vehículos, embarcacións e equipos informáticos e de telecomunicacións, caracterizados polo seu rápido deterioro e perda de valor que a través deste mecanismo son vendidos ou…

Read the full description

asignados, en determinados supostos, a causas sociais, ofrecendo unha indubidable achega de valor e servizo á sociedade galega. Dende a posta en marcha deste servizo en 2016, o importe total recadado coas ventas de bens mobles, foi de preto de 150.000 euros, sobre todo vehículos. A subasta máis alta foi un coche da marca Porsche por importe de 35.000 euros. O presidente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, considera que, este servizo ten, ademáis, unha vertente exemplarizante para os xóvenes. Así o explicaban Manuel Couceiro e o director xeral de Xustiza da Xunta, Juan José Martín, no acto de sinatura do convenio, acompañados do representante do Colexio de Procuradores da Coruña.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.