Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DELEGACION MEXICANA NO SALNES O DOMINGO E INAUGURACION DE MOSTRA LUCAS MIGUEZ O MERCORES
O Salnés recibe este domingo a visita da delegación mexicana de Aguascalientes. A mancomunidade espera ó alcalde e membros do cabido desta localidade mexicana coa que O Salnés se irmanou este ano. Os representantes de Aguascalientes visitan Galicia para coñecer no lugar ás posibilidades de realizar intercambios comerciais nos ámbitos turístico e industrial. E asimesmo, o vindeiro mércores inaugúrase na sala de Exposicións do Cuadrante en Vilanova, a mostra que o escultor Lucas Miguez doou á Mancomunidade do Salnés. Trátase unha vintena de obras que realizou entre mediados da década dos 90 e o…
Read the full description
ano 2000, cando o artista afincado en Meis residía na fronteira de Estados Unidos e México. A colección está bautizada co nome de "Raza cósmica" en homenaxe a José Vasconcelos, un escritor, político e filósofo mexicano que escribiu un libro titulado con esa denominación. O artista fai unha representación entre onírica e simbólica, cuxo froito son "uns seres amorfos con actitudes humanas". Os materiais utilizados van da terracota ó alabastro, pasando pola pedra, o mármore ou o ónix- Pois de todo elo, dá visita dá delegación de Aguascalientes ou domingo e dá inauguración desta mostra de Lucas Míguez ou mércores falábanos ou presidente dá Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, nunhas declaracións que recolleu Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.