skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PORTOS TRAMITA A DRAGAXE DE CARRIL PREPARANDO A REORDENACION DOS PANTALANS

Portos de Galicia iniciou a tramitación para que a tan demandada dragaxe do peirao de Carril se realice no terceiro trimestre do ano que ven, como paso previo á reordenación dos pantaláns. Avanzouno o presidente da entidade portuaria, José Juan Durán, que esta mañá mantivo en Carril unha reunión de traballo co patrón maior da confraría de pescadores, José Luis Villanueva, e con outros representantes do pósito. A dragaxe atópase actualmente en fase de estudios previos de carácter ambiental e Portos de Galicia espera que esta actuación poida ser contratada ao longo deste ano. Unha vez dragado o…

Read the full description

fondo mariño, Portos procederá á ampliación das prazas de amarre e a ordenación da frota nos pantaláns. Así mesmo, Durán Hermida confirmou na reunión que Portos de Galicia está a estudiar a petición da confraría de ampliar as súas dependencias no edificio da lonxa, concretamente na segunda planta. Dende o ente público estase a definir a fórmula administrativa axeitada para poder destinar esta planta a aulas de formación e zona de servizos para a confraría, tal e como foi solicitado.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.