Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS PRAIAS DE O GROVE CONTARÁN DURANTE ESTA SEMANA CON INFORMACIÓN CONTRA O CANCRO DE PEL.
Durante esta semana, membros da asociación contra o cáncro de O Grove, estarán recorrendo ás praias, campamentos e escolas do municipio cunha campaña de concienciación para a prevención do cancro solar. As 17 praias mecas contarán polas mañáns con voluntarios da asociación que repartirán dípticos polos areais e darán información sobre o cancro de pel producido polo mal uso do sol. Polas tardes será o turno dos campamentos e dos colexios e institutos da localidade para que os nenos comprendan dende pequenos que deben utilizar protección solar. A protección solar recoméndase utilizar non sólo…
Read the full description
na praia, senón tamén a diario cando se vai a estar baixo o sol, ven sexa paseando ou traballando. Toda prevención é pouca, polo que a presidenta da asociación contra o cáncro de O Grove, Mariví Escalante, amósase moi contenta por continuar un ano mais levando esta campaña polas praias de O Grove. Unha iniciativa que desenvolven en colaboración con EMGROVES e o Centro de Iniciativas Turísticas de O Grove. Escoitamos ás palabras de Mariví Escalante en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA durante a presentación da campaña de verán.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.