skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O CULTURA QUENTE RECUPERA OS DOUS DIAS DE ROCK CON ACAMPADA INCLUIDA

O Festival Cultura Quente regresa este ano a Caldas cun cartel máis amplo e variado, con carácter internacional pero tamén moi galego. O 24 e 25 de xuño, coincidindo coas festas de San Xoan, a carballeira de Caldas converterase un ano máis na capital do rock. O Cultura Quente volve este ano a celebrarse durante dous días cun dos mellores carteis musicais. Por agora xa hai confirmados 9 grupos, entre os que destacan Siniestro Total, Marky Ramone e Agoraphobia, pero tamén haberá unha sorpresa importante que de confirmarse, segundo os organizadores, faría que está edición do Cultura Quente sexa…

Read the full description

a mellor dos 19 anos que leva celebrandose. Tratase unha vez máis dun festival solidario e este ano, a acampada terá un custe de 3 euros que se destinará a labores sociais. A entrada do Cultura Quente será de 26 euros o abono dos dous días e de 18 euros para un so día. O presuposto para a celebración do festival por parte do concello de Caldas será de 140.000 euros, dos que 100.000 euros estarán financiados por un novo convenio que se asinará en breve coa Deputación de Pontevedra. Asegura o alcalde caldense, Juan Manuel Rey, que a pesar do alto custe, este festival repercute moi positivamente na economía local e espera que este ano os beneficios superen o millón de euros. A décimo sexta edición de Cultura Quente foi presentado esta mañá no concello de Caldas, nun acto que contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, do alcalde Juan Manuel Rey, da Concelleira de Cultura e dos organizadores do evento. Unha presentación que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.