skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ULTIMA CONCENTRACION DA SANIDADE DO SALNES ANTES DA MANIFESTACION DO DIA 29

O persoal da área sanitaria do Salnés volveu concentrarse este mediodía en protesta pola reforma da Lei de Saúde. Será a última concentración semanal que se realice xa que a xunta de persoal do Hospital do Salnés, prefire, a partir de agora, adicar todas as forzas á preparación das novas accións acordadas na Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, reunida nas últimas horas. Entre elas, unha gran manifestación o próximo día 29 de setembro que saldrá dende a Casa do Mar de Vilagarcía ás 20.30 horas. Ademáis, tamén editarán 10.000 folletos informativos para repartir entre a cidadanía…

Read the full description

aproveitando días de gran afluencia en Vilagarcía ou Cambados, como os mercadillos semanais. A maiores, a Plataforma do Salnés prepara tamén unha convocatoria dirixida a todas as asociacións dos seis concellos que forman parte desta área sanitaria, que coa reforma será eliminada para converterse nun distrito con Pontevedra. Todo elo o explicaba esta mañá a representante da xunta do persoal do Hospital do Salnés, Celia Iglesias, durante a concentración realizada ante as portas do centro de Rubiáns, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. A última concentración semanal coincidiu coa sesión de control no Parlamento de Galicia na que o portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou a Feijóo que “volva á casilla de saída” e retire o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde concebido, asegurou, para reducir servizos. O responsable socialista dedicou a sesión de control ao presidente no Pleno de hoxe para cuestionar unha reforma que entende “só beneficia á sanidade privada”. Unha sesión que foi seguida de preto polo alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, que se trasladou a Cámara Galega ao igual que outros alcaldes de áreas sanitarias afectadas.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.