Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS TRABALLADORES DA PISCINA MUNICIPAL DE CAMBADOS PIDEN O CONCELLO QUE RESCATE O SERVICIO
A situación empeza a ser moi complicada para os 17 traballadores da piscina municipal de Cambados, que entregarán o vindeiro luns no rexistro do Concello as sinaturas recollidas entre usuarios das instalacións respaldando a súa demanda de que sexa a administración municipal a que se faga cargo da xestión do servicio. O sindicato CIG fixo pública esta mañá a situación que está a atravesar a plantilla, con dous meses pendentes de cobro, os salarios de maio e xuño, e unha total falta de información por parte da empresa, Ximnasios Pazos, que segundo trascendeu extraoficialmente, está atravesando…
Read the full description
por serias dificultades económicas. Dende o Concello son conscientes da situación e mesmoo alcalde , Luis Aragunde xa anunciara no último pleno que se vai rescindir o contrato con esta firma para sacar de novo a concurso a adxudicación da piscina. Sen embargo, os traballadores temen novos incumplimentos por parte da nova adxudicataria e por tal motivo solicitan ó Concello que se faga cargo da xestión directa das instalacións, xa que na actualidade xa asume os gastos de enerxía. Ademáis tamén avanzan a convocatoria de mobilizacións. Así o explicaban esta mañá Marcos Cadórniga e Noelia López da CIG, nunha rolda de prensa que cubriu Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.