skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

DURAN ANUNCIA ACCIONS XUDICIAIS POLA ANULACION DO PROXECTO DA ESTRADA DE BAION

Reaccións en Vilanova ante a decisión da Deputación de anular o proxecto de mellora e ampliación da estrada de Baión-András , xestado na etapa de Rafael Louzán. A Deputación aprobou esta mañá en Xunta de Goberno a resolución do contrato por contar con graves irregularidades de tramitación. E dende Vilanova, o alcalde Gonzalo Durán anuncia accións xudiciais ante unha resolución que considera chea de tintes e presións políticas aos funcionarios. Así o explicaba Gonzalo Durán nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. Segundo o goberno provincial, a adxudicación da obra…

Read the full description

fíxose sen que a administración tivese á súa disposición os terreos, sen iniciar o expediente expropiatorio correspondente e sen o compromiso de colaboración do Concello nin dos propietarios afectados, que, “en boa parte non estaban dispostos a ceder as súas leiras”. A maiores, o proxecto carece de informe de avaliación ambiental, que nin sequera se chegou a solicitar, e tampouco dispoñía de informe de Patrimonio. No lugar deste proxecto, o goberno provincial xa anuncia que se acometerá outra obra que permitirá reformular o trazado actual, dotando a vía de máis ancho, ampliando as interseccións e instalando pasos de peóns elevados e reductores de velocidade, “garantindo a convivencia do tráfico rodado coa mobilidade peonil”.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.