skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PRUX DE CORTEGADA NON MODIFICA AS CONDICIONS DE EXPLOTACION DO MARISQUEO E TURISMO

O Plan Rector de Usos e Xestión da Illa de Cortegada, o PRUX, elaborado pola Xunta de Galicia, non modificará as actuais condicións de explotación que veñen desenvolvendo os sectores marisqueiro e turístico. Non restrinxe as zonas de marisqueo e tampouco haberá cambios nos cupos de visita á illa. O documento está en fase inicial de tramitación para ser sometido a exposición pública nas vindeiras semanas e xa operativo durante este verán. Así o trasladou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz durante a presentación do Plan celebrada esta mañá no Concello de Vilagarcía, nun encontro…

Read the full description

no que estiveron presentes os sectores productivos do mar, empresas turísticas, asociacións veciñais e entidades de Carril, ademáis de representantes do goberno local. Asimesmo, en marzo farase un simulacro de incendio para comprobar a coordinación dos servizos de emerxencias. O alcalde Alberto Varela aproveitou o encontro para solicitar á Xunta que a illa de Cortegada conte con medios propios para a extinción de lumes así como a posta en marcha dun centro de interpretación. Ao remate do encontro, o rexedor salientaba que a reunión deixou tranquilidade nos sectores productivos.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.