Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O XIMNASIO CURVES DE VILAGARCIA ORGANIZA A III EDICIÓN DA PINK PARTY A BENEFICIO DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO
O ximnasio Curves de Vilagarcía organiza unha cita moi especial para este sábado. Tratase da terceira edición da Party in Pink - Zumbathon, un evento solidario a beneficio da Asociación Española contra o Cancro. O obxectivo desta actividade é recadar fondos para financiar programas de investigación, educación, exames e tratamento do cancro, á vez de concienciar as mulleres dos beneficios do deporte como prevención de enfermidades. Baixo o lema "Xuntas podemos marcar a diferenza", a Praza da Peixería tinguirase de rosa o sábado 18 a partir das sete da tarde. Ademáis, instrutores de Zin Zumba…
Read the full description
de Galicia estarán en Vilagarcía para motivar as mulleres a bailar. Para participar na clase de Zumba, soamente haberá que facer unha doazón de 2 euros que serán doados integramente á asociación de loita contra o cancro. A organización espera unha gran participación das mulleres vilagarcianas neste evento, xa que ten como fin unha causa solidaria. Ademáis, durante este mes, todas as mulleres que colaboren na causa solidaria de Curves terán a inscrición gratuíta no ximnasio e tamén realizaranse actividades de educación e concienciación sobre esta doenza, entre as que figuran unhas charlas sobre a importancia de levar un bo suxeitador para evitar patoloxías. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, falamos con Margarita Cardoso, a directora do Ximansio Curves que nos contou máis detalles de esta boa iniciativa.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.