Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS PODE LEVA A PLENO A REPOSICION DO CARTEL DA CIDADE DO VIÑO A ROTONDA DE VILARIÑO
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O cartel da Cidade Europea do Viño 2017 xa foi retirado da rotonda de Vilariño, o emplazamento elexido daquela polo Concello para anunciar o recoñecemento obtido pola vila do albariño. O goberno local atendeu a orde da Xunta e decidiu trasladalo provisionalmente ao Museo do Viño á espera de recibir o permiso de Patrimonio para que esa sexa a súa ubicación definitiva. A Xunta obrigou ao goberno local a adoptar medidas sobre a súa ubicación por ser demasiado grande e estar moi preto da estrada. O bipartito considerou que retranquealo cara o interior da…
Read the full description
rotonda elevando a súa altura sería máis costoso que retiralo do emprazamento. Sen embargo, dende Cambados Pode non están conformes con esta decisión. O seu portavoz, José Ramón Abal, presentará no vindeiro pleno unha moción para que o cartel volva ao seu emplazamento inicial. Segundo Abal, a rotonda de Vilariño é a mellor ubicación “dun elemento de publicidade da vila e de promoción dun evento que foi histórico, ademáis dunha forma de dar a benvida aos visitantes”. Abal dubida que os técnicos de Patrimonio autoricen a ubicación no Museo do Viño, dadas as grandes dimensións e peso do cartel, de case 4 toneladas. Pero ademáis, califica a decisión de “auténtica atrocidade” e “ atentado contra o sector do viño por parte da alcaldesa”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.