Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Nova deitada no hospital do salnes contra o peche de camas no veran
O Hospital do Salnés acolleu este mediodía unha nova mobilización contra o peche de camas no verán. A xunta de persoal da área sanitaria realizou unha nova protesta “deitada” no vestíbulo do centro para escenificar o que podería pasar no verán aos pacientes se non hai camas suficientes: que terían que quedar «tirados» no corredor. Os organizadores centran a mobilización contra o peche de camas e tamén co fin de facer unha chamada á administración sanitaria para que resolva os principais problemas do centro. . Problemas que resumía Ramón Barreiro, do sindicato OMEGA na lectura do manifesto que…
Read the full description
recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. Trala lectura do manifesto, o sindicalista tamén respondeu a unha pregunta da nosa compañeira Alba Piñeiro sobre a “inminente” licitación da ampliación do hospital anunciada hoxe polo presidente da Xunta, Núñez Feijoo, manifestando a súa satisfacción pola noticia. Protesta no Hospital do Salnés que tamén se repetiu en Pontevedra, no Hospital Provincial e en Montecelo. Neste caso, os traballadores concentráronse ás portas dos centros e no caso da concentración do Provincial, os convocantes optaron ao final por axeonllarse para denunciar as consecuencias que entenden terá o peche de camas. Inicialmente tiñan previsto deitarse, pero a choiva fíxoos cambiar de plans.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.