skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A CARREIRA LADESOL VOLVE A FOMENTAR A SOLIDARIDADE POR ANGOLA

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Xa está en marcha a V Carreira Solidaria Ladesol, que organiza cada ano o colexio San Francisco co fin de fomentar o deporte pero tamen os valores solidarios e a sensibilidade da cidadanía. A proba será o domingo 24 marzo con saída da Avenida da Mariña ás 10 horas. Toda a familia pode participar nos diferentes percorridos: entre 100 metros e 10 kms da Carreira e 4'5 km na Andaina. As inscripción poden facerse na web www.carreirasgalegas.com, no propio Colexio San Francisco ou na carpa que os organizadores instalarán na Praza de Galicia os días 9 e 16…

Read the full description

de marzo. O custe é de 6 euros para os maiores e 3 euros para os pequenos. A recaudación será doada a Fundación Lazos de Solidaridade para dotar de libros á biblioteca da Escola que se foi construindo en Angola. O ano pasado participaron 1.200 personas e nesta edición xa están anotados un cento de corredores en tan só unha semana. Os detalles da Carreira nolos contaba esta mañá o responsable técnico, Jacobo Ventoso, na presentación do evento, acompañado da Deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, a Xefa de Estudos do Colexio San Francisco, María José Méndez, e a representante da Fundación Ladesol, Socorro Feijoo.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.