skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA SUPERVISA AS OBRAS DE AMPLIACION DO DIQUE DE ATRAQUE DE VILANOVA

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, supervisou esta mañá a evolución das obras de ampliación da liña de atraque do porto pesqueiro de Vilanova de Arousa. Trátase do proxecto pioneiro "Estaca-Lámina" cuxo obxectivo é probar un novo sistema de construción de diques portuarios en rías que permite reducir o uso de formigón, economizar custos, diminuír tempo de execución e minimizar o impacto ambiental. A actuación que se está a executar en Vilanova é unha nova explanada, de 1.200 metros cadrados, gañando ademais unha nova liña de atraque de 60 metros, que se poderá utilizar para…

Read the full description

as descargas dos mexiloneiros. A novidade está no material de contención na cara interior da estrutura. En lugar de dispoñer grandes moles de formigón, contense todo o recheo cunhas pranchas plásticas de polietileno, de apenas 80 milímetros de espesor, cun deseño curvo para aumentar a súa resistencia e reforzadas cada oito metros por unhas estacas verticais. Os traballos dilataranse durante o verán e principios do outono e a idea exportarase para outras aplicacións portuarias, como pode ser o de Cabo de Cruz en Boiro. Así o decía esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, na visita ó peirao vilanovés que recollíamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.