Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PROXECTASE O COMEDOR ESCOLAR PARA CEIP SAN TOME DE CAMBADOS
O colexio de San Tomé de Cambados poderá ter comedor escolar o vindeiro curso. A Consellería de Educación quere poñer en marcha o proxecto atendendo a petición da comunidade educativa, pero sempre e cando poida contar coa colaboración económica do Concello. O comedor estará ubicado na antiga vivenda do conserxe, nun espazo de 90 metros cadrados anexo ás instalacións educativas, e que daría cabida a uns 70 ou 90 alumnos. O custe da inversión tería un valor aproximado duns 100.000 euros, segundo os primeiros cálculos realizados polos técnicos da Consellería. Cifras, en todo caso, dentro da…
Read the full description
prudencia que quixo resaltar esta mañá o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, que visitou o centro educativo cambadés para analizar as posibilidades do proxecto, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, o director do colexio, Javier Pérez, e a concelleira Mª José Cacabelos. Unha visita que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DÍA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.