Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MELLORA DE ACCESIBILIDADE NAS PRAIAS DO SALNES, UN NOVO PASO DE COLABORACION ENTRE XUNTA E DEPUTACION
Rafael Louzán e Nava Castro incidiron en que esta entrega de material non é máis que un novo paso na colaboración que ambas as administracións manteñen para a posta en valor dos recursos turísticos da provincia e, neste caso concreto, para consolidar a provincia de Pontevedra como un destino de preferencia en turismo accesible. Fixeron fincapé en que estes traballos que agora se desenvolven en O Salnés forman parte dun plan integral de accesibilidade na comarca, que vén a complementar as 4 pousadas, os máis de 50 quilómetros de rutas de sendeirismo e os 2 castros perfectamente adaptados para…
Read the full description
persoas con mobilidade reducida que xa existen na comarca. Así nolo decía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, a Directora Xeral de Turismo da Xunta Nava Castro. De feito, a adquisición e posta en servizo do material de accesibilidade ás praias está incluído nun convenio máis amplo con Turismo de Galicia e que comprende traballos de eliminación de barreiras no acceso a diferentes edificios públicos e espazos de interese turístico da comarca, como a oficina de turismo, a lonxa e o Museo da Salazón en O Grove; a senda do Umia e o núcleo urbano de Ribadumia; o itinerario ao Concello e ao Auditorio en Meis ou o contorno das capelas de San Bieito e As Angustias, do Pazo de Lis, do parque Barreiro e da praza do Concello en Meaño. Estas actuacións súmanse a outras levadas a cabo en diferentes edificios de Cambados e Vilanova de Arousa, así como os traballos realizados no contorno do mosteiro de Armenteira, e que suman un total de máis de 500.000 euros.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.