Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS REFORMA OS PATIOS EXTERIORES DA ESCOLA INFANTIL
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados inicia as obras de #reforma dos #patios exteriores da #Escola #Infantil #Municipal cun investimento duns 28.264,73 euros financiados a través do Plan Concellos da Deputación. Os traballos foron adxudicados á empresa Globalia e estarán #rematados nun prazo dun mes, tal como nos explica o Concelleiro de Obras e Servizos, #Samuel #Lago, que supervisou esta mañá o comezo da actuación acompañado polo Concelleiro de Infancia, #Fernando #Patricio. O importe de adxudicación supón unha #rebaixa de 7.422,27 € respecto ao prezo inicial de…
Read the full description
licitación. O #remanente destinarase a dotar a gardería de novos xogos exteriores para os patios, ademáis da revisión e nova instalación do servizo contralumes e outras posibles deficiencias que se poidan valorar. As melloras que hoxe se inician foron #demandadas polos membros da comunidade educativa e os responsables da xestión do centro en varias reunións que mantiveron coa Concellería de Infancia. Segundo o goberno local, trátase dunha obra moi #necesaria debido ao desgaste sufrido nos patios das instalacións municipais que acollen a 142 nenos de ata tres anos de idade. Concretamente, no patio #dianteiro renovarase o pavimento con 130 metros cadrados de lousas de caucho, cubrindo desta forma toda a superficie. No patio #posterior instalaranse as mesmas lousas de caucho nunha superficie total de 340 metros cadrados. A actuación #complétase co pintado dos valos exteriores en cores claros e a instalación dunha placa de plástico no balado de peche. Os concelleiros Samuel Lago e Fernando Patricio, destacan a #importancia desta reforma da Gardería Municipal na liña de “dar prioridade ás actuacións que melloren a seguridade e o benestar dos nenos, xa que esta inversión suporá arranxos e reformas imprescindibles para a gardería que precisaban despois de varias lexislaturas de recortes en inversións sociais”.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.