skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

CAMBADOS REUNE A COMISION DE PATRIMONIO PARA ESTUDAR 18 EXPEDIENTES

A Comisión técnica de Patrimonio Histórico municipal de Cambados reuniuse esta mañá para abordar 18 expedientes urbanísticos de obras públicas e privadas que se van poñer en marcha nos vindeiros meses. No encontro estiveron presentes o concelleiro de Urbanismo de Cambados, José Ramón Abal xunto con técnicos da Xunta, técnicos municipais e representantes do Colexio de arquitectos Concretamente, abordáronse os proxectos do conxunto histórico de Cambados, que afectan á zona de Triana coa segunda fase da rúa Vimbio e a rúa Murguía, donde se van realizar traballos de adoquinado e mellora do…

Read the full description

servizo de alcantarillado. Segundo nos explicaba José Ramón Abal, esta actuación precisa un proxecto arqueolóxico que será redactado próximamente para ser remitido a Patrimonio e estaría financiada polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Ademáis, también se farán reformas no Salón Peña e no Pazo Torrado co pintado e acondicionamiento dos inferiores, e que xa teñen o informe favorable para a súa realización. Nesta xuntanza, os técnicos tamén revisaron proxectos privados como o acondicionamento de varios locais comerciais para realizar os informes. O edil de urbanismo también falou sobre o peche da Rúa Real, que nun principio non conta con apoio da maioría dos comerciantes e polo tanto tampoco da asociación Cambados Zona Centro. Abal insistiu en que o goberno ten que velar polos veciños e dos numerosos turistas que chegan á vila durante o verán e que poidan disfrutar do conxunto histórico con total garantía de seguridade. Neste sentido, o edil asegura que non se vai tomar ningunha decisión en contra de nadie e pide tranquilidade e paciencia. Ademáis anunciou que o concello está buscando unha nova zona de aparcamento no entorno da avenida do Salnés para favorecer o acceso á zona de Fefiñáns.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.