Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O SINDICATO CIG CUESTIONA A LABOR DA ADMINISTRADORA CONCURSAL NO PROCESO DE LIQUIDACÍON DE MARCONSA
A empresa Marconsa encontrase inmersa nun plan de liquidación que se ven dilatando dende 2012, cando unha administradora concursal fíxose cargo do concurso de acreedores. O pasado 28 de abril celebouse a subasta das instalacións que Marconsa tiña en Catoira, subasta á que se presentou unha empresa que estaba interesada en adquirir a planta. Sen embargo, non se puido chegar a ningún acordo xa que a administradora concursal asegurou que era coñecedora dunha empresa que presentaba unha oferta superior, polo que os xulgados outorgaron un prazo de 10 días para que se formalice tal oferta. O prazo…
Read the full description
para a presentación da proposta rematou onte, e dende o sindicato CIG, descoñecen se se formalizou a oferta pero consideran que non foi o caso e que se trata dunha forma para continuar retrasando o proceso. Segundo os datos cos que conta a CIG, a débeda que Marconsa tiña era de máís de 6 millóns de euros, pero dende que esta a administradora concursal, os gastos aumentan e os 14 traballadores seguen sen cobrar o que lles corresponde, o que fai que a fecha do 30 de abril, a débeda ascendera a preto de 9 millóns de euros. O que a CIG non entende é porque ós traballadores débenselle os saliarios de abril, maio e xunio e unha paga extra de 2013, e a administradora concursal, pola contra, leva dende agosto cobrando 2.800 euros ó mes como honorarios. Ademáis tampouco lle parece normal ó sindicato que a administradora siga pagando 10.000 ó mes de alquiler das instalacións e máis de 4.000 euros ó mes de luz, dunha empresa donde non hai nadie traballando. Á espera de coñecer se finalmente si se presentou esa oferta superior, os traballadores e o sindicato temen que se esa proposta non se fixo oficial, a primeira empresa que si estaba interesada na compra, finalmente a rechace. Son datos que nos ofrecía o secretario comarcal da CIG, Xoan Xosé Bouzas Aboi, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.