Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O TRIPARTITO DE SANXENXO CALIFICA DE MANOBRA POLITICA AS MOBILIZACIONS DE CCOO
O goberno tripartito de Sanxenxo aprobou esta mañá en comisión de goberno o proxecto de orzamentos para este ano, que ascende a 22,7 millóns de euros,despois de que non puidera sair adiante no pleno de maio. Mentres, os traballadores municipais concentráronse no concello en protesta por unhas contas municipais coas que non están de acordo. Tamén censuran a negativa do goberno local á súa petición de máis tempo para a negociación. As protestas dos traballadores municipais extenderanse a unha convocatoria de folga para o próximo 16 de xullo, no caso de que o Concello non convoque a mesa de…
Read the full description
negociación do convenio colectivo. Dende o goberno tripartito, a concelleira de Seguridade, Vanesa Rodríguez, alude a unha “manobra política” como as verdadeiras razóns da mobilización promovida por CCOO. En todo caso, asegura que o goberno local respeta o dereito á folga dos traballadores pero confirma que o executivo non modificará a folla de ruta prevista para a negociación do convenio colectivo, prevista para o vindeiro outubro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.