skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

COSTAS E CONCELLO ESTUDIAN VARIAR O FIN DA SENDA PEONIL DO RIAL

Costas do Estado e o Concello de Vilgarcía estudan a variación do final da Senda Peonil do Rial ante a falta de seguridade que supón o remate previsto xusto o carón da rotonda de acceso á autovía. O alcalde, Tomás Fole, e a xefa provincial de Costas, Cristina Paz Curbera realizaron este mediodía un percorrido polo tramo da Senda Peonil habilitada por Costas coa colaboración do Concello, cuxos traballos están rematados. O proxecto de rexeneración ambiental deste ámbito, castigado e de difícil acceso, afecta á zona comprendida entre a praia de Sartaches e o propio Rial. En total…

Read the full description

acondicionáronse uns 500 metros nun proxecto financiado integramente por Costas cun investimento duns 72.500 euros, xa que a senda decorre na súa totalidade por terreos afectados por Costas. A obra consistiu na creación dunha senda de dous metros de ancho delineada con longueiros de madeira, que se integran perfectamente no ámbito, sen supoñer ningun impacto na zona. O proxecto tamén incluíu traballos de roza de maleza, a demolición dunha pequena obra de formigón existente na zona, a instalación dunha lousa no tramo inicial do paseo para dar acceso a unha industria próxima e a colocación de tubos de drenaxe das augas naturais. Pero ademáis de supervisar a finalización das obras desta senda peonil, Tomás Fole aproveitou a visita da xefa provincial de Costas para solicitarlle outras melloras para o municipio, como o cambio de situación da area da Praia do Preguntoiro movida polos temporais deste inverno.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.