skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

MINUTO DE SILENCIO EN SANXENXO COA PRESENCIA DO MINISTRO DE XUSTIZA RAFAEL CATALA

En Sanxenxo o minuto de silencio celebrouse este mediodía coa presenza do Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, a corporación municipal, e veciños e turistas que se achegaron á praza do concello. Catalá expresou o seu apoio ás víctimas do atentado e destacou a importante labor dos corpos de seguridade do estado que fan un traballo extraordinario cada día e tamén a imprescindible colaboración internacional. Sinalou que as forzas de seguridade teñen moita experiencia na loita contra o terrorismo pola existencia de ETA dende fai más de tres décadas en España, e que nos últimos anos foron centos de…

Read the full description

persoas as detidas dende os atentados do ano 2004. O Ministro de Xustiza quere transmitir confianza aos cidadáns e insiste na súa convicción de que todos xuntos debemos loitar polo noso modelo de convivencia, pola nosa liberdade e solidariedade e así a democracia trinfará con toda seguridade. En canto ao nivel de alerta, Catalá indicou que seguimos en nivel 4 e o Ministro de Interior convocará ao Pacto Antiterrorista e os expertos para concretar si é necesario incrementar o sistema de seguridade xeral ou mantelo como está. Escoitamos as súas declaracións en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.