skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

NOVAS RECETAS PARA A FESTA DA VIEIRA DE CAMBADOS QUE SE CELEBRARÁ ESTA FIN DE SEMANA

Cambados celebra esta fin de semana a XIV Edición da Festa da Vieira cun xeito renovado na elaboración do molusco. A pesar da pésima campaña que tivo o sector o pasado inverno, finalmente os organizadores, a Confraría e Porto de Cambados, empresa que comercializa a vieira arousá, apostaron pola continuidade do evento debido o incremento das vendas durante os primeiros meses do ano. Un dato que ofrecía hoxe na rolda de prensa de presentación do evento a Concelleira do Mar, Mª José Cacabelos, representante tamén da Confraría de Cambados. Como ven sendo tradicional a degustación do bivalvo será…

Read the full description

na carpa gastronómica ubicada no Paseo da Calzada. Desta volta da renovada forma de preparar o molusco encargarase o chef Rafael Centeno do Restaurante Maruja Limón de Vigo. A responsable de Porto de Cambados, Mar Ambroa, presentou as recetas que se poderán degustar durante os tres días no Paseo da Calzada: “vieira marinada e cereais”, “vieira con velouté de erizos e millo”, “vieira con cremosos de noz moscada e cítricos” e a tradicional empanada de vieira. O prezo da ración na carpa de degustación será de 8 euros en todas as variedades. A previsión dos organizadores é elaborar 1.500 tapas diarias. Ademáis, para aprender a preparar o popular molusco e outros productos que se poden atopar na lonxa, como lura, xurel e sardiña, o chef cambadés Yayo Daporta impartirá un taller de cociña o sábado 18 de xullo ás 19 horas na carpa de degustación. A iniciativa desenvolverase baixo o título “Pesca de Rías.. de onde se non?” coa finalidade de promover e potenciar o consumo de productos das nosas rías. Un evento gastronómico, calificado de Interese Turístico Galego, que se inaugurará o venres 17 de xullo ás 13 horas. Como outra novidade desta edición, a xornada inaugural tamén contará con actuación musical a cargo dos grupos Sharkna2 e Mandarina Jack ás 23 horas. Todo elo completarase coas Rutas Turísticas de Guimatur, de balde para as persoas que se inscriban, e que se prolongarán durante o sábado e o domingo para poder observar o traballo das mariscadoras nos bancos de Cambados. As Rutas desenvolveranse o sábado 18 ás 11:30 horas e o domingo 19 ás 12:00 horas. A presentación desta XIV edición da Festa da Vieira de Cambados celebrouse esta mañá no Concello coa presencia da alcaldesa, Fátima Abal, a Concelleira do Mar e representante da Confraría, Mª José Cacabelos, o Concelleiro Xurxo Charlín, a responsable de Porto de Cambados, Mar Ambroa, e o chef cambadés Yayo Daporta. Por parte do Concello, o edil Xurxo Charlín destacou a importancia de axudar na organización da Festa da Viera porque “supón colaborar cun dos sectores productivos máis importantes do municipio como é o do mar”.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.