Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O DOG PUBLICA MAÑA A LICITACION DAS OBRAS DE SANEAMENTO DO SACO DE FEFIÑANS DE CAMBADOS
O Diario Oficial De Galicia, o DOG, publica mañá a licitación das obras de saneamento do saco de Fefiñáns, por un importe de 1 millón 200 mil euros. Os traballos permitirán a eliminación de todolos verquidos de augas residuais que proveñen dun conxunto de vivendas non conectadas á rede de saneamento municipal que verten directamente resíduos ó banco marisqueiro e ó río Corvillón. Unha agardada obra que se licitará a partir de mañá, segundo o anunciaban esta mañá en Cambados o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xose Manuel Cores Tourís, e o alcalde Luis Aragunde. O delegado…
Read the full description
territorial destacaba a importante inversión da Xunta en actuacións en Cambados neste exercicio: preto de 4 millóns de euros contando os traballos de ampliación do porto de Tragove. Tamén o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, amosábase satisfeito por estas actuacións, así como pola sentencia favorable ó Concello dictada polo Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no recurso de casación interposto por un herdeiro de Juan Prego Trigo polo estanque de A Seca. Con Cores Tourís e Luis Aragunde falaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a nosa compañeira Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.