Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A MANCOMUNIDADE BUSCA NUN NOVO VIDEO ATRAER A XUVENTUDE E FAMILIAS
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés ten listo un novo vídeo promocional da comarca, elaborado por Canal Rías Baixas, destinado a atraer sobre todo á xuventude e as familias ao turismo de vivencias. Actividades náuticas, senderismo ou experiencias presenciais sobre o traballo nas bateas ou a elaboración do viño son parte das propostas que a Mancomunidade quere promocionar a través desta grabación. O vídeo foi presentado esta mañá polo Presidente da entidade comarcal, Gonzalo Durán, o delegado de Turismo, Gonzalo Pita e o xerente Ramón Guinarte. Durante a…
Read the full description
presentación, Gonzalo Pita tamén avanzou que os contactos co mercado chinés progresan e xa hai un compromiso por parte dun touroperador asiático para organizar viaxes ao Salnés. Serán grupos de entre cinco e seis turistas “vip” que chegarán a Arousa a través de Oporto e realizarán un gasto medio duns 10.000 euros por persoa durante a súa estancia.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.