Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

PITA CALIFICA DE "SECUESTRO" DE SAL A ASEMBLEA DA PASADA NOITE
O todavía alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, insiste na ilexitimidade das votacións acordadas na asemblea da pasada noite, asegura ter a conciencia moi tranquila e amósase convencido de que o pacto co PP era necesario para garantir o futuro de Sanxenxo. Asimesmo recoñeceu que o tripartito vivía unha situación constante de inestabilidade política provocada polas continuas ameazas da concelleira socialista Coral González Haba de abandonar o goberno. Ademáis, Pita deslexitima a asemblea da pasada noite, calificandoa de “secuestro” e asegurando que os que votaron en contra do pacto co PP foron…
Read the full description
familiares e amigos da concelleira Vanesa Rodríguez. Asimesmo, o todavía rexedor dixo que xa denunciou ante a Garda Civil as octavillas contra el e e os concelleiros que o apoian, Jesús Sueiro e Daniel Otero, que apareceron esta mañá nas rúas de Sanxenxo. En canto á acusación do BNG sobre a especulación urbanística dun edificio ilegal vinculado con Telmo Martín, o concelleiro de Urbanismo, Daniel Otero, desvincula este asunto co acordo co PP , asegurando que o goberno local non ten competencia neste tema. Declaracións de Gonzalo Pita nunha comparecencia respaldado polos concelleiros do seu partido Jesús Sueiro e Daniel Otero que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.