skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS XORNADAS DE AUGARDENTES E LICORES DE GALICIA VOLVEN A CAMBADOS

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Salón Peña de Cambados acollerá o próximo sábado 3 de novembro as Vl Xornadas de Degustación e Maridaxe dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Nesta edición, o Consello Regulador pretende dar á iniciativa un toque de maxia contando coa colaboración de Dani Polo, o xoven mago finalista do concurso de TVE 'Pura Maxia', que incorporará ilusionismo ao taller de cata. Corno en anteriores ocasións, a asistencia ás actividades propostas para esta xornada é de carácter gratuíto. previa inscripcion. Todas as persoas interesadas en participar…

Read the full description

deberán reservar a súa praza a través do teléfono 986 520 786 ou enviando un correo electronico a turismo@cambados.com A outra novidade do programa deste ano é a colaboración do presidente da Asociación de Repostería Tradicional de Melide Melide Terra Doce, Alberto Rodríguez, que preparará en directo dúas elaboracións que armonizarán os Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia coa reposteria melidense O concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal, e á vogal do Consello Regulador insistiron esta mañá na importancia de consumir augardentes e licores debidamente etiquetados con selo de calidade e orixe. Unha labor de concienciación que vai dando os seus frotios. Segundo o Consello Regulador as vendas incrementáronse nun 80% con respecto a 2012. As Vl Xornadas de Degustación e Maridaxe darán comezo o sábado pola mañá coa apertura do Túnel dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. O horario de visita será de 12.00 a 14 00 e de 15.30 a 20 30 horas. As actividades comezarán ás 16.00 horas co Taller de Cata A Maxia do Augardente. A continuación, ás 18.00 horas, terá lugar as proposta Augardentes e Licores Tradicionais na cociña e na coctelería. O chef do Casino da Toxa, Mark Wernink, e o cociñeiro do Hotel Eurostars lsla da Toja, Fran Castro, prepararán en directo tres pratos entre cuxos ingredientes se atopan os destilados galegos con selo de calidade e orixe. Tamén os utilizará o barman Anxo Camiña para elaborar tres cócteles creados especialmente para a ocasión.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.