Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O MUNDO VOLVERA A DANZAR EN VILANOVA O ANO QUE VEN
Vilanova tamén celebrou esta fin de semana a Romaría Internacional con grupos de danza de distintas partes do mundo e coa presencia de máis de 2.000 espectadores. No festival celebrado na noite do sábado estiveron sobre o escenario bailaríns das catro agrupacións folclóricas participantes, procedentes de Taiwan, Rusia, México e Chile. A pesar das numerosas festas de esta fin de semana no Salnés, as previsións do concello foron superadas, con máis de mil persoas que tiveron que seguir o espectáculo de pe porque non alcanzaron as localidades habilitadas. As actuacións dos grupos de baile non…
Read the full description
defraudaron ao público, que demostraron con aplausos que “O Mundo a Danzar” foi todo un acerto. Así o decían esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o Teniente de alcalde, Javier Tourís, nun balance no que desvelaron que o espectáculo estará tamén en Vilanova o ano que ven e convidaron a todos a que visiten esta fin de semana a Festa do Mexilón e o Berberecho. Así o escoitamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.