Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS TRABALLADORES DE LANTERO PASARÁN A NOITEBOA EN FAMILIA NA CONTA ATRAS DA APLICACION DO ERE
Noiteboa complicada para os traballadores de Lantero, que están xa na conta atrás para que a firma faga efectivos os 56 despedimentos. A dirección da cartoneira oficializou onte en Santiago o fin do período de consultas do ERE extintivo, tal como se agardaba, e sen beneplácito da parte social que xa anunciou que recorrerá o documento nos xulgados. Ademáis, a asemblea de traballadores decidiu por unanimidade que aqueles que non sexan despedidos en xaneiro van seguir en folga. Pero de momento hoxe, dispóñense a pasar esta noite en familia. Nolo contaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Jesús…
Read the full description
López, o presidente do comité de empresa, nesta conversa con Alba Piñeiro. Por parte da dirección da empresa, non hai declaracións oficiais dende a última comparecencia pública dos directivos da firma, hai un mes. Daquela, os integrantes do staff calculaban que a folga indefinida reducira o 40% do seu volume de negocio. Os responsables do grupo responsabilizan, ademais, o comité de empresa de ter desencadeado a folga de forma irregular, unha acusación que será abordada pola maxistratura laboral de Pontevedra o próximo 14 de xaneiro, no primeiro paso da xudicialización do conflicto. Asimesmo, a dirección de Lantero culpa ó comité de empresa do fracaso das negociacións por manter posicións maximalistas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.