Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ARRIBADA GAELICA VOLVE A CAMBADOS ESTA FIN DE SEMANA
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados acolle esta fin de semana e por segundo ano, o Trofeo Arribada Gaélica da Ría de Arousa, un evento no que se misturan o fútbol gaélico, embarcacións tradicionais e música. A Arribada comezará o venres día 8, cunha ruta pola ría de Arousa que partirá as 17 horas do Porto de Tragove e na que participarán 12 embarcacións tradicionais procedentes de Cambados, A Illa, O Grove e Carril. Xa o sábado pola mañá celebrarase o Torneo de Fútbol Gaélico no que 4 equipos de Cambados, A Illa, O Grove e Lalín disputaranse o título de campión. Posteriormente…
Read the full description
para rematar o evento, haberá concertos de 8 grupos musicais dende as 14 horas ata a 1 da madrugada na Praza de Alfredo Brañas e pola tarde tamén haberá actividades para nenos como globofexia e pintacaras. O clube de fútbol galaico de Cambados prepara ademáis unha churrascada e habilitará unha barra con prezos populares co fin de recadar fondos para o clube. Así o explicaban o concelleiro de cultura de Cambados, Víctor Caamaño e o directivo do clube de fútbol galaico de Cambados, Manuel Oubiña, durante a presentación desta segunda edición da Arribada.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.