Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PP PROPON UN PUNTO DE INFORMACION PARA OS EMIGRANTES DE VENEZUELA
O Partido Popular de Vilagarcía reuniuse esta mañá con representantes da Asociación de Xubilados e pensionistas de Venezuela en Galicia, para tentar buscar solucións á problemática que están a sufrir ante os impagos das súas pensións. A idea que se abordou está mañá na sede popular foi a creación en Vilagarcía dun punto de información directa e recollida de datos ou censo para aunar toda a información precisa sobre os afectados e comezar a xerar unha base de datos que no futuro acelere os procedementos burocráticos cando o Estado o necesite. Ese punto de información estaría xestionado por un…
Read the full description
funcionario municipal e “ non requeriría nin a contratación de máis persoal municipal nin suporía un custe para as arcas municipais”. Tentaráse así, axilizar os trámites para que o Goberno poida poñer solución a esta situación que afecta a preto de 3.500 xubilados de Venezuela en Galicia e 8.000 en toda España. Ademáis, a Asociación de Xubilados solicita ao Estado que reclame o cumprimento do convenio de pago de pensións que ambos países asinaron en 1990. Así o explicaban o portavoz do Partido Popular de Vilagarcía, Tomás Fole, e o Presidente da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Venezuela en Galicia, Andrés Varenkow, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.