Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

Meis rende culto a san bieito e aos callos nunha ampla programacion
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Meis xa está preparado para dar comezo esta fin de semana ás Festas de San Bieito e dos Callos que se extenderán ata o 11 de xullo. A concelleria de Cultura conta con amplo programa de actividades para a celebración dos festexos que este ano se iniciarán, como novidade, cun torneo de fútbol burbuxa este sábado dende as 10 horas. Despois, o domingo,como xa é tradicional, terá lugar a XI edición da Feira Labrega, coa recreación dos oficios e o gando como protagonista. Xa o venres 6 de xullo será o momento do pregón a cargo de Cándido Pazó…
Read the full description
e o sábado 7 de xullo realizaráse a procesión de San Cristobo polos lugares de costume do municipio. O Domingo 8 de xullo chegará a XXVIII Festa dos Callos na que se prevé a venda de 6.000 racións a un prezo de 6 euros e reserva de mesa para 14 comensais por 120 euros. O mesmo día celebraráse a V Ruta BTT e a II Andaina, que este ano amplia o seu percorrido polas rutas de sendeirismo de Meis. Non faltarán as actuacións musicais coas verbenas, charangas e grupos folclóricos, ademáis do concerto de Oscar Ibáñez e Tribu o 10 de xullo ás 22 horas. Rematan o programa as Festas patronais de San Bieito o 11 de xullo. Unha ampla programación que desvelaban esta mañá o alcalde, José Luis Perez, a concelleira de Cultura, Ofelia Barral, e a cociñeira dos callos Carmen Cochón.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.