Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O BNG DEMANDA MAIS PARTIDAS PARA INFRAESTRUCTURAS E EMPREGO
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, convocou mañá aos portavoces dos grupos da oposición co obxectivo de non demorar máis o Pleno para aprobación dos orzamentos para este ano. Será a segunda reunión dos grupos da Corporación para tratar a planificación económica do Concello para o ano en curso e previsiblemente se fixe a data da sesión plenaria para proceder ao debate e aprobación inicial do documento. De principio, o BNG fixo esta mañá público o seu posicionamento contrario o documento elaborado polo goberno socialista. Consideran os concelleiros nacionalistas que o executivo de Alberto…
Read the full description
Varela mantén unha liña continuista co PP. Demandan máis partidas de fomento de emprego, infraestructuras, educación, cultura e deporte, mentres que censuran que outras menos prioritarias levan máis importe. Así o explicaba o portavoz da formación nacionalista Xabier Ríos nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.