skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

ARAGUNDE CONSIDERA LEXITIMO PAGAR AS HORAS EXTRAS OS TRABALLADORES

O alcalde de Cambados, Luis Aragunde responde ó PSOE e á denuncia interposta esta semana pola voceira socialista, Fatima Abal ante a Fiscalía de Delictos Económicos, na que establece que o grupo de goberno podería ter incorrido en graves "ilegalidades" con respecto ás retribucións ó persoal. Na súa resposta, dí Aragunde que é "lexítimo" pagar ós empregados que traballan a maiores do seu horario laboral, e cualifica de "demagóxica e sensacionalista" a denuncia socialista. O rexedor apunta que "o Concello ten unha grande actividade cultural, deportiva e social, e moitos dos actos que se…

Read the full description

celebran son fora dos días laborables, polo que moitos operarios teñen que traballar as fins de semana, en festivos ou en datas sinaladas como o Nadal, o Entroido ou a Festa do Albariño, montando infraestruturas, palcos e elementos de produción, ademais de supervisar as actividades,". E se se trata dun grupo reducido de traballadores é porque, dí Aragunde "pola súa experiencia xa coñecen o funcionamento e a dinámica das actividades e as súas necesidades técnicas, polo que son os operarios que máis horas fan, e ós que hai que pagar polo traballo,". En canto á situación do arqueólogo municipal, que segundo o PSOE, foi contratado de forma verbal en 2003 e cobra todos os meses 1.400 euros, a pesar de que nunca se convocou ningún expediente público de contrato. Segundo o alcalde, o arqueólogo factura mensualmente para o concello e é un xeito moito máis económico para as arcas municipais que convocar un contrato público. Todo elo nolo dicía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.