Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A xunta amplia o enlace da via rapida con sanxenxo dende A Lanzada.
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía A Consellería de Infraestructuras abre a licitación un proxecto para reducir as #retencións de tráfico, especialmente durante o verán, na conexión da vía rápida do Salnés coa estrada PO-504 no Concello de Sanxenxo. As empresas interesadas en executar a actuación teñen de #prazo ata o 5 de abril para presentar as súas ofertas. O obxectivo da Xunta é poder iniciar as obras #despois do #verán, co fin de non interferir coa tempada estival. A Conselleira #EthelVázquez, acompañada do alcalde de Sanxenxo, #TelmoMartín, presentou hoxe o proxecto que conta cun orzamento…
Read the full description
inicial de 335.000 euros, incluídas a vintena de expropiacións necesarias. En concreto, trátase de dar solución aos atascos do tráfico de vehículos procedentes do Grove e da Lanzada que, dende a #vía_rápida, acceden a Sanxenxo a través dun ramal que ten escaso radio de xiro e está regulado por un stop. A Xunta prevé #optimizar a #conexión habilitando un radio de xiro adecuado e eliminando o sinal de stop. Ademais, ampliarase a plataforma de saída con #dous #carriles ata rotonda de Vinquiño e un de acceso directo adicional que servirá para aportar fluidez ao tráfico As obras completaranse coa recolocación dos báculos de iluminación, a renovación da #sinalización e a colocación de balizas de separación dos sentidos no ramal entre glorietas. Segundo a Conselleira, a actuación permitirá aumentar a #capacidade da vía en ata un 40% e, deste xeito, evitar os atascos. "É unha obra sinxela, pero da que esperamos grandes resultados”. Pola súa banda, o alcalde, Telmo Martín, agradeceu á Conselleira a “súa iniciativa” para executar unha obra que “solucionará o #caos que se produce en determinados momentos do día na tempada alta coicidindo coas viaxes ás praias”. Asimesmo, Ethel Vázquez non desbotou o futuro #desdoblamento da vía rápida "no que seguimos buscando fórmulas" que se adecúen a un entorno de especial sensibilidade ao tratarse “dunha das zonas de Europa con maior número de espazos de máxima protección ambiental”
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.