Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

VILANOVA CELEBRA MAÑA SABADO O VELORIO DO MOMO COA IMPLICACION DA HOSTELERIA
Vilanova celebrará este domingo o desfile do Momo, que tivo que ser aprazado pola chuvia pero, previamente, mañá sábado as rúas da localidade vivirán o Velorio a partir das 8 da tarde. Este ano, o Velorio do Momo terá algúnhas novidades. Os seus organizadores quixeron, nesta ocasión, que a hostelería local puidese ter unha maior implicación, e, por tal motivo, serán os establecementos os que agasallen os asistentes coas tradicionais orellas e filloas a cambio das consumicións que se fagan nos locais. A animación da velada estará a cargo de Duendeneta, cunha festa temática dos anos 70, ainda…
Read the full description
que cada un pode ir disfrazado como desexe. Ademáis, ao remate do percorrido e da ofrenda ao Momo, a noite finalizará cunha queimada que, advirten os organizadores, só poderán degustar os que acudan disfrazados. Son as novidades do Velorio do Momo deste ano, que os organizadores nos detallaron en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, nunha rolda de prensa na que estiveron vestidos para a ocasión.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.