Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

AS OBRAS DO MULTIUSOS DE VILANOVA A PIQUES DE REMATAR
As obras da primeira planta Edificio Multiusos de Vilanova están a piques de rematar. O único que queda pendente é a instalación de tarima e a cobertura estética do tellado, que se sufragarán con fondos municipais. Despóis dun investimento de 300.000 euros financiados pola Deputación, o que era o pabillón de deportes converterase nun Centro de actividades deportivas e culturais, que unha vez rematado, vai seguir tendo melloras. O goberno local pensa xa na instalación dunha cabina de música e son para actuacións de djs ou unha pantalla multimedia. Avanzábao o alcalde de Vilanova, Gonzalo…
Read the full description
Durán, que esta mañá se achegou ao inmoble para supervisar o avance dos traballos. Situación moi diferente á que se encontra o proxecto do auditorio na antiga Casa de Cultura do Esteiro. Neste caso, Gonzalo Durán anunciou que a Deputación acaba de rescindir o contrato coa empresa adxudicataria. Así o comentaba nunhas declaracións que recolleu para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a nosa compañeira Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.