skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS PREZOS DO POLIGONO DE BAION REBAIXANSE ENTRE O 25 E O 35%

O prezo do solo no polígono de Baión en Vilanova redúcese un 25% para uso industrial e un 35% para o sector terciario. Así se establece no convenio asinado esta mañá entre o Concello de Vilanova e a empresa pública do Solo Empresarial do Atlántico (SEA), participada polo Minsterio de Fomento e a Xunta. A Ministra de Fomento, Ana Pastor, presidiu o acto de sinatura deste convenio que permitirá ó Concello actuar como axente de comercialización das 49 parcelas do polígono de Baión que se beneficiarán desta reducción de prezos. Deste xeito, preténdese axilizar a tramitación da venda de parcelas…

Read the full description

do parque vilanovés, que nestes momentos presenta un nivel de ocupación moi baixo, segundo recoñecía a presidenta de SEA, Lucía Molares. A intermediación do Concello de Vilanova canalizarase a través do Centro de Desenvolvemento Local, (CDL), creado recentemente no Pazo de Vista Real co obxectivo de ser a plataforma de apoio integral ás empresas para informar a todos aqueles empresarios que queiran implantarse no polígono de Baión, ou en calquera outra área industrial do municipio. O CDL ofrecerá información sobre as parcelas, así como sobre as distintas axudas ás que se poden optar, facilitando a xestión das mesmas ante os organismos correspondentes. Tralo acto de rúbrica, a Ministra animou ós empresarios a instalarse en Vilanova porque “o polígono de Baión está situado nunha zona estratéxica e en Vilanova hai estabilidade política, e non incertezas”. O documento asinado este mediodía en Vilanova trátase do primeiro destas características rubricado por un concello, tal e como explicaba esta mañá a Ministra de Fomento, Ana Pastor, na rolda de prensa na que estivo acompañada polo alcalde Gonzalo Durán e pola presidenta de SEA, Lucía Molares. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións de cada un deles.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.