Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

INAUGURACION DA FESTA DA VIEIRA DE CAMBADOS
Cambados inaugurou a XIV Edición da Festa da Vieira que se prolongará durante toda a fin de semana no Paseo da Calzada. As recetas renovadas desta edición son elaboradas polo chef Rafael Centeno do Restaurante Maruja Limón de Vigo, con catro variedades: “vieira con velouté de erizos e millo”, “vieira con cremosos de noz moscada e cítricos” “vieira marinada con cereais” e a tradicional empanada de vieira. O prezo da ración na carpa de degustación é de 8 euros en todas as variedades. A previsión dos organizadores é dar saída a 1.500 tapas diarias. No acto de inauguración estiveron presentes o…
Read the full description
secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, a alcadesa de Cambados, Fátima Abal e o presidente da Confraría de Cambados, organizadora do evento xunto coa empresa Porto de Cambados, Ruperto Costa. As impresións de todos eles recollémolas en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. As recetas renovadas desta edición son elaboradas polo chef Rafael Centeno do Restaurante Maruja Limón de Vigo, con catro variedades, que nos explicaba a AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o propio chef vigués. Como novidade desta edición, esta xornada inaugural tamén contará con actuación musical a cargo dos grupos Sharkna2 e Mandarina Jack ás 23 horas. E xa cara a fin de semana, ademáis da degustación na carpa instalada no Paseo haberá outras actividades. Para aprender a preparar o popular molusco e outros productos que se poden atopar na lonxa, como lura, xurel e sardiña, o chef cambadés Yayo Daporta impartirá un taller de cociña o sábado 18 de xullo ás 19 horas na carpa de degustación. Todo elo completarase coas Rutas Turísticas de Guimatur, de balde para as persoas que se inscriban, e que se prolongarán durante o sábado e o domingo para poder observar o traballo das mariscadoras nos bancos de Cambados. As Rutas desenvolveranse o sábado 18 ás 11:30 horas e o domingo 19 ás 12:00 horas.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.