Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O PLENO DE CAMBADOS APROBA A PROPOSTA DO PP PERO SEN SER VINCULANTES
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O pleno da corporación municipal de Cambados aprobou o paquete de medidas presentado polo PP sobre a crise do covid pero o goberno local considera que o acordo non ten valor vinculante. A proposta dos populares saiu adiante cos seus votos e os de Cambados Pode. Tanto os dous grupos de goberno, PSOE e Somos Cambados, como o BNG abstivéronse. Sen embargo, segundo indica a alcaldesa, Fátima Abal, o acordo non ten valor vinculante porque era “nulo de pleno dereito”, tal como establece un informe previo do secretario municipal. A rexedora asegura que a…
Read the full description
proposta do PP invade as competencias exclusivas da xunta de goberno e, ademáis, exixe medidas xa aplicadas polo goberno local. En canto á moción de Cambados Pode para crear una comisión de reactivación económica non se puido debater, xa que, segundo o informe de secretaría, en sesións extraordinarias como foi a da pasada noite, non cabe votar a urxencia de puntos fora do orden do día.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.