Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

O alcalde de meis realza a proposta turistica do municipio coas celebracions de paradela e armenteira.
O concello de Meis vive un ano máis o fervor da Semana Santa, concentrada nos actos relixiosos vivintes que se celebran na parroquia de Paradela.. Un evento declarado de interés turístico seguido por numerosos fieis que cada ano reviven as recreacións dos diferentes momentos da Pasión de Cristo. Este ano Marcos Roma asume o papel de Xesús, collendo o relevo de Enrique Barros, e Bruno Moraña e José Carlos Barreiros tamén se estrean nos papeis de Caifás e Lucio, respectivamente. Dende o Domingo de Ramos, o Campo de Outeiro acolle as diferentes representacións que comezaron coa entrada de Xesús…
Read the full description
en Xerusalen. O Xoves Santo terá lugar a recreación da Última Cea e o xuicio do Sanedrín. O Venres Santo será o día máis intenso, coa Viacrucis e a crucifixión pola mañá e o desencravo no Monte da Croa ás 10 da noite. O domingo conclue o programa coa escenificación da resurreción de Xesús. A celebración da Semana Santa súmase a Romaría da Virxe das Cabezas da Armenteira, que se celebra o luns de Pascua, festivo local no municipio. Todo elo, xunto coas rutas de sendeirismo e o campo de Golf fan de Meis un concello cada vez máis reclamado polo sector turístico. De todo elo falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA co alcalde José Luis Pérez.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.