skinny.

Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A ILLA PROGRAMA UNHA CHEA DE ACTIVIDADES NO SEU NADAL EN ACCION

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Illa de Arousa ten xa preparada a programación do seu Nadal en Acción. As actividades comezarán este venres día 13 co Encontro de Corais, un concerto de panxoliñas que terá lugar dende ás 20:30 horas no auditorio municipal. O mércores 18 a Escola Municipal de Música realizará un DemoDay ás 19 horas no auditorio. Tamén haberá importantes visitas. A Apalpadora estará o sábado 21 ás 12 horas na Praza do Concello e pola tarde a Banda municipal de Música ofrecerá o seu concerto de Nadal ás 19 horas no auditorio. Papa Noel percorrerá a vila co seu desfile…

Read the full description

tradicional o día 23 dende a praza do concello ás 17:30 horas. O día 28 celebraráse o Festival de Música e Danza da Asociación Cultural Dorna, ás 19 horas no auditorio. Ademáis, María Fumaça se achegará á Illa para presentar o seu novo disco "O veleiro verde", o sábado 4 de xaneiro ás 19 horas no auditorio municipal. A entrada terá un custe de 5 euros anticipada e 7 en taquilla. E xa o día 5 chegarán os Reis Magos para desfilar en cabalgata polas rúas do municipio e posteriormente atender as peticións dos más pequenos no auditorio. Ademáis, a Fundación de Deportes de A Illa de Arousa organiza unha nova edición do Nadal en acción, con xogos e actividades deportivas para nenos como Espías navideños, Videoxogos físicos e Fornite físico, que se desenvolverán no colexio Torre durante ás vacacións de Nadal. A programación desvelabana o alcalde de A Illa de Arousa, Carlos Iglesias e a xerente da Fundación deportiva, Paula Dios.

Log in to save or queue this episode.

Short listen plan

No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.

The skinny

The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.