Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

BNG E CIG CONVIDA OS ALCALDES DO SALNES A ENCABEZAR AS CONCENTRACIONS CONTRA A ELIMINACION DOS PARTIDOS XUDICIAIS
Seguen os posicionamentos contrarios á supresión dos partidos xudiciais que prevé a reforma da Lei do Poder Xudicial que elabora o Ministerio de Xusticia. Se a semana pasada era o alcalde de Cambados o que recrudecía os seus argumentos, hoxe o grupo parlamentario do BNG e o sindicato CIG manifestáronse totalmente en contra do borrador do Ministro Gallardón. A deputada nacionalista no Parlamento Galego, Montse Prado e Xosé Henrique García Outeiral da CIG compareceron esta mañá en rolda de prensa para rexeitar a supresión dos partidos xudiciais asegurando que conlevaría a eliminación de postos…
Read the full description
de traballo e provocaría un distanciamento entre a cidadanía e a xusticia. A CIG e o BNG consideran de vital importancia impedir que se eliminen os partidos xudiciais de Cambados e Vilagarcía e os trasladen para Pontevedra. Por iso fan un chamamento á cidadanía e aos colectivos sociais da Comarca do Salnés para que se mobilicen contra esta medida concentrándose este mércores 9 de xullo ás 20,30 h. diante do Concello de Cambados e o martes da semana que ven, día 15 de xullo, á mesma hora diante dos xulgados de Vilagarcía. Unha convocatoria á que convidan ós alcaldes dos municipios do Salnés, ós que mesmo ceden encabezar ás concentracións.. Escoitamos as súas declaracións na rolda de prensa que recolleu Alba Piñeiro.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.