Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

A XUSTIZA DA A RAZON AO CONCELLO DE CAMBADOS NO LITIXO DA PLATAFORMA INVERSA DE SETE PIAS
A xustiza acaba de dictaminar a favor do Concello de Cambados na reclamación xudicial interposta pola UTE Estevez Container Orensanos SL xestora da Plataforma de Recollida de lixo selectiva creada no polígono de Sete Pías no ano 2008 a través de fondos europeos, cunha inversión de 4 millóns de euros. A xestora reclamaba ao Concello, como responsabilidade patrimonial, un total de 8,6 millóns de euros polo erro de cálculo e ausencia de protección da actividade suscrito no convenio asinado co anterior goberno municipal. É dicir, a UTE exixía a diferencia entre os beneficios estimados e os…
Read the full description
obtidos finalmente durante os case catro anos de actividade. O actual executivo pon en dúbida os criterios de inversión dos fondos europeos que xestionou daquela o goberno de Luis Aragunde e mantense á espera do posible recurso por parte da UTE demandante para poder dispoñer da nave, agora inutilizada, na maior brevedade. As explicacións dábaas esta mañá o Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.