Latest / Podcast AROUSA SI RADIO

OS GRUPOS DE SOMOS NO SALNÉS EXIXEN A DEMISIÓN DO CONSELLEIRO DE SANIDADE.
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os grupos municipais afíns a En Marea no Salnés - Somos Cambados, Somos Ribadumia, Somos Maioría Vilagarcía, Gañemos Vilanova e Somos Sanxenxo- presentarán ante aos seus respectivos plenos unha moción conxunta en Defensa da Sanidade Pública de Calidade. A iniciativa xurde a raiz do suceso acontecido o pasado 4 de agosto en A Estrada, onde un home faleceu no Punto de Atención Continuada cuxo único médico estaba atendendo outra urxencia no exterior. Segundo explicou o Concelleiro de Sanidade de Cambados, Tino Cordal, o acontecido en A Estrada é a gota…
Read the full description
que colma o vaso e por tal motivo exixen a demisión do Conselleiro de Sanidade, do xerente do Sergas e do xerente do Hospital do Salnés para que a Xunta poña remedio á “dramática situación” que está a vivir a Sanidade Pública. A moción conxunta foi presentada esta mañá ante o PAC do Centro de Saúde de Cambados coa presencia dos concelleiros e portavoces dos grupos asinantes.
Short listen plan
No short plan yet. We need saved quotes in chapters with known start and end times, backed by a timed transcript.
The skinny
The skinny isn't ready yet — notes appear once the transcript is processed.